Esta semana remataron os traballos de renovación de seis marquesiñas de autobús na avenida de Redondela. Substituíronse as cabinas antigas por outras novas desde o Alto da Encarnación ata o Centro de Saúde de Chapela.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, explicou que as novas marquesiñas están realizadas en vidro de seguridade e aceiro, con cuberta de policarbonato con tratamento anti-UV. Estas novas marquesiñas protexerán así do sol e das inclemencias do tempo aos veciños e veciñas, ao tempo que permiten o paso da luz. Tamén contan con bancada para a comodidade dos usuarios e usuarias mentres agardan polo autobús. As medidas das marquesiñas son de 3 metros de longo, 2,45 metros de alto e 1,55 metros de fondo.
A renovación desas marquesiñas, tendo en conta tamén a instalación e a retirada das antigas cabinas, supuxo un investimento de máis de 71.000 euros. O investimento foi sufragado con fondos dunha subvención da Deputación de Pontevedra.