Concello de Redondela

Comunicado acerca dun intento de suplantación de identidade do Concello de Redondela ante un provedor

O Concello de Redondela, tivo notificación directa dun provedor que recibiu un correo suplantando a identidade xurídica do Concello de Redondela, para requirir o pago dunha factura.

Ese tipo de estafas podía estar relacionada cunha práctica asociada á ciberdelincuencia, denominada Spoofing, e pódese combater mediante a formación continua ao persoal para que poida detectar este tipo de ciberataques de enxeñería social.

Este Concello contempla na súa política de seguridade as medidas de protección, baseadas no cumprimento do Real Decreto 311/2022 que regula a aplicación do Esquema Nacional de Seguridade, para protexerse de ciberataques, pero en consonancia coas prácticas que se aconsellan desde o CCN (Centro Criptológico Nacional), no marco de colaboración coas entidades implicadas e axuda a previr a comisión deste tipo de delitos, en sistemas alleos a este Concello. Aínda que forme parte das prácticas asociadas á relación con entidades de dereito privado, nas súas relacións co Concello, decidiuse facer público que:

O Concello de Redondela, cumprindo coa lexislación vixente, nunca esixirá o pago ou cobranza dunha factura por unha vía de comunicación que este fora da nosa sede electrónica (nin por teléfono, nin por mail,...só a través do acceso por https://redondela.sedelectronica.gal/), que se atopa securizada para evitar calquera intento de ciberataque contrario ás disposicións vixentes. A implantación das correctas políticas de seguridade, permitiron neste caso, detectar o intento de suplantación e dar aviso aos implicados para evitar este tipo de estafas.

Compartir