Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

O Conservatorio busca letra para un «himno ecolóxico»

Para celebrar a súa adhesión á Rede de Escolas UNESCO, o Conservatorio «Víctor Ureña» de Redondela convoca un concurso para dotar de letra a unha canción co título «Desplastifícate», que será gravada e enviada a todos os centros desta rede en España.

A peza musical «converterase nun himno ecolóxico que servirá para dar a benvida a un pequeno boneco nado nunha illa de plástico no Océano Pacífico, que nos vén a entregar unha carta de socorro e un envase de recollida de esperanza».

Este proxecto nace da inquietude dos docentes dos centros UNESCO por concienciar aos mozos e as familias das posibilidades de reutilización do plástico e da necesidade de reciclar estes materiais para protexer o planeta.

A data límite de entrega das letras é o 15 de outubro, na oficina do Conservatorio ou ao correo electrónico oficina.conservatorio@redondela.gal.

Compartir