O mércores 30 de xullo, ás 12:00 h. a Biblioteca Xela Arias fai a súa despedida antes das vacacións cun contacontos.
«Contos na fraga», para festexar con verdor e aire puro o tempo estival.
- Contaremos coa presenza de Rebeca e mais Noela
- Faremos unha pequena actividade manual ao rematar
A actividade está pensada para nenos e nenas a partir dos 3 anos.
Podedes inscibirvos á biblioteca na mañá da actividade, no teléfono 986-454-226.
Aproveitade! Podedes levar o voso lote de libros de vacacións en préstamo.