Concello de Redondela

Creatividade e humor no concurso de disfraces do Martes de Entroido

O Concurso de disfraces do Martes de Entroido 2025 deixou patente unha vez máis a creatividade, imaxinación e humor dos veciños e veciñas de Redondela, nunha xornada con gran participación e ambiente ao longo de todo o día. Resultaron gañadores na categoría Individual: 1º Dente de León e 2º Princesa Naira. En Parellas: 1º Exército do Aire e 2º Aladín e Jazmin, e en Grupos: 1º Autos Choco-nes e 2º Cancellería de Ghatos.

,

Compartir