A Biblioteca Xela Arias está a festexar Abril, o mes do libro, cunha serie de contos e actividades para os máis cativos ofrecidos polo alumnado do C.S. de Educación Infantil do veciño IES Chapela.
«De conto en conto» é unha actividade que se desenvolveu en dúas xornadas, realizada polos estudantes do módulo de «Expresión e comunicación». Nelas había contos, actividades e obxectos creativos para achegarnos á literatura infantil.
Como nos alegrou voltar a ver actividades na nosa pequena sala infantil!
NESTE ÁLBUM PODEDES VER DIVERTIDAS FOTOS DAS ACTIVIDADES
- Na primeira sesión, 12 de abril, gozamos de tres contos, moi coñecidos: «El pequeño conejo blanco», «Por cuatro esquinitas de nada» e «Guapa». Contos que falan sobre a autoaceptación, a solidariedade e a valentía para facer fronte as dificultades da vida.
- Na segunda, o 19 de abril, pasámolo moi ben con «El ladrón de hojas» e «El vampiro se va de boda», contos sobre natureza, medo, humor e poesía.
Para a vindeira semana outro grupo de alumnos de este ciclo de estudos achegaranse de novo a nenos e adultos da biblioteca para marabillarnos co seu bo facer. Serán os «Sorrisos de Chapela», que nos traerán novas propostas de xogos, contos e literatura.