Concello de Redondela

No Día das Familias voltan os «Contos da Veciñanza» á Biblioteca Xela Arias

E no mes de maio…. volven os «Contos da veciñanza» á Biblioteca Xela Arias de Chapela!

E nada mellor que facelo arredor do Día Internacional das Familias. Unha data singular do calendario que nós festexaremos con este encontro veciñal arredor da narrativa oral.

Despois de dúas  sesións divertidísimas, ofrecidas por contistas voluntarias da nosa contorna, e porque non hai dous sen tres, o vindeiro xoves atreverémonos cunha terceira aposta por Contos da Veciñanza.

 

Unha tarde para gozar en familia, compartindo nervios, un pouco de vergoña, risas, diversión, e moitos contos coas persoas máis afoutas da veciñanza, que son aquelas que se atreven a contar en público, e que nesta ocasión serán dúas das mamás máis gaioleiras da nosa contorna: Rebeca e mais Sonia.

E, de novo, ao rematar faremos algunha pequena actividade manual para compartir entre cativos e adultos.

Será o xoves 22 de maio, ás 18:00 h. (data modificada).

 

– A proposta é para nenos e nenas a partir de 3 anos.
– Dado que as prazas son moi limitadas, deberedes anotarvos previamente na biblioteca.

📞986-454-226

💻bibliotecachapela@redondela.gal

Este ano a Biblioteca Xela Arias celebra o seu 20 aniversario, e quere facelo fortalecendo o seu vencello coas persoas usuarias.

Grazas á veciñanza polo seu talento e xenerosidade.

#ContosdaVeciñanza

Compartir