Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Redondela lanza unha campaña para dinamizar os mercados de abasto e o comercio de proximidade

O Concello de Redondela presenta unha campaña de dinamización dos mercados de abastos do municipio que, ao mesmo tempo, pon en valor a importancia do comercio de proximidade “como un dos eixos básicos da economía local”, sinalou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

A campaña, financiada polo Concello, ofrece aos praceiros da praza de abastos, a posibilidade de entregar agasallos directos polas compras que realicen os usuarios e usuarias. Por ditas compras obterán bolsas para a compra, calendarios de mesa e calendario de parede que os comerciantes regalarán aos seus clientes por esta datas de nadal.

Ademais dos agasallos, o Concello encargouse da decoración adornando as prazas de Redondela e Chapela con cores festivas e ornamentación de nadal. A rexidora quixo salientar a importancia dun comercio local e unhas prazas de abastos –Redondela e Chapela– “que teñen capacidade dabondo para ofrecernos todo o que precisemos para este Nadal”.

A alcaldesa, Digna Rivas, sinalou que a iniciativa presentada hoxe “é unha continuación anual dunha campaña global de posta en valor do comercio local e dinamización do mesmo nestas datas de Nadal”. Os agasallos desta iniciativa, foron adquiridos polo Concello de Redondela buscando o dobre obxectivo de, por unha banda, axudar ao comercio de proximidade nestes tempos complicados e, por outra, contribuír a dinamización comercial do municipio.

Compartir