Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

O alcalde de Redondela recibe á Escola de Música de Teruel, no seu intercambio co Conservatorio Municipal Víctor Ureña

O Concello de Redondela está a procura de que o Conservatorio Víctor Ureña sexa escola oficial da Unesco. Unha das mostras de participación e interese, é facer un intercambio cunha escola que xa pertence a esta rede, a Escola Pública de Música Antonio García Abril de Teruel.

Os alumnos e profesorado de Teruel chegaron o Mércores 4 de Abril a Redondela, lugar onde están aloxados. O Concello convidounos a coñecer a Illa de San Simón e o Museo Meirande para que así se fixeran partícipes de parte da nosa historia.

Hoxe recibiunos o alcalde, e fíxolles entrega dun dos nosos símbolos máis preciados, a Coca de Redondela, así como dun Pasodobre de Redondela para que poidan tocalo nalgúns dos seus concertos. O director da Escola Pública de Música Antonio García Abril de Teruel entregou tamén ao Concello de Redondela uns fermosos agasallos polo que lle trasladamos o noso agradecemento.

Hoxe pola tarde coñeceron o centro da vila, da man dunha guía de turismo, que lles amosou os lugares máis emblemáticos da nosa vila.

Pola noite ofrecerán un concerto no multiusos da Xunqueira de Redondela, titulado «Musicando de Teruel a Redondela».
A actuación contará cun total de seis formacións creadas en ambas institucións, como ensembles de clarinetes, bandas de saxos e a Big Band. En total participaron os 42 alumnos chegados dende Teruel, e os 70 procedentes do Conservatorio de Redondela, máis dun centenar de músicos que ofrecerán tamén actuacións conxuntas.

O próximo mes será o noso Conservatorio o que visite Teruel

Compartir