Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.
Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Cine na rúa: unha ventá ao mundo

18 Xullo @ 19:30 - 21:00

O vindeiro xoves 18 de xullo, ás 19:30 h. teremos na fachada principal do Concello de Redondela unha sesión de cinema ao aire libre, de carácter solidario.

A ONGD Solidariedade Internacional de Galicia, en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e mais o Concello de Redondela desenvolverán este convite a ver e reflexionar.

Unha actividade onde se proxectarán varias curtametraxes vencelladas ao proxecto de cooperación que Solidariedade Internacional de Galicia está a desenvolver en Guatemala, co financiamento do Fondo Galego. Ao rematar as proxeccións haberá tempo de comentar e debater sobre diferentes aspectos relacionados co proxecto e mais coas curtametraxes: soberanía alimentaria, seguridade e hixiene alimentarias ou o dereito a unha vivenda digna, en relación cos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible.

Unha actividade que se realiza na rúa dende o propósito de ocupar o espazo público para favorecer a accesibilidade do conxunto da poboación coas accións de cooperación, de sensibilización e de concienciación social.

Details

Date:
18 Xullo
Time:
19:30 - 21:00
Event Category:
Event Tags:
,

Recinto

Concello de Redondela
Rúa Alfonso XII, 2
Redondela,Pontrevedra36800España
+ Google Map
Teléfono
986 40 03 00
Ver a Páxina Web do Recinto

Compartir