Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.
Cargando Eventos
CONCERTOS Festa Coca 2024

Festas da Coca 2024 – CONCERTOS

29 Maio @ 21:00 - 2 Xuño @ 02:00

Do 29 de maio ao 2 de xuño Redondela celebra a súa semana grande coas Festas da Coca, onde a tradición e a mellor oferta musical van da man.

O mércores os concertos correrán a cargo da Orquestra de Saxos de Redondela e o grupo América de Vigo.

O xoves, festividade da Coca en Redondela, as citas serán co grupo folclórico Anaquiños e a orquestra Cinema.

O venres, como vén sendo tradición nos últimos anos, a noite está reservada para os amantes do rock co programa Rock Redondela e as actuacións dos grupos locais Chocolate Sexy, Volvoreta e RMS e o peche cos sevillanos Reincidentes, autores de grandes éxitos do punk rock como “Vicio”, “Grana y oro” ou “Ay Dolores”.

O sábado o público poderá gozar do concerto de Revólver, liderado polo artista Carlos Goñi. A banda fará unha parada en Redondela dentro da súa xira “Playlist Tour” cun concerto no que os asistentes vibrarán ao ritmo de grandes éxitos como “El roce de tu piel”, “Si es tan solo amor” ou “Faro de Lisboa”, xunto cos temas do seu último disco, no que presentan versións de grandes éxitos da música en español con temas de Pereza, Amaral e Elefantes, entre outros. A orquestra Galilea e o pica discos Rodri Vegas completarán a oferta musical da noite.

Xa o domingo as festas pecharanse cos concertos da Banda de Música de Chapela e a orquestra La Fórmula, cunha espectacular posa en escena cos seus 24 integrantes que prometen un gran show.

PROGRAMA DE CONCERTOS

Comparte

  • Este evento pasou.

Detalles

Comezo:
29 Maio @ 21:00
Remate:
2 Xuño @ 02:00
Categoría dos Evento:
, ,
Evento Etiquetas:
, , , , , , ,

Compartir