Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.
Loading Events

« All Events

Libros orfos: libros que (case) ninguén le

21 Outubro @ 10:00 - 31 Outubro @ 21:00

Que hai máis triste para unha biblioteca que ter libros que (case) ninguén le?… que ter documentos que (case) ninguén leva prestados?
Moitos deles son libros bos e interesantes, e queremos darlles unha segunda oportunidade. Así que durante a vindeira quincena, desde o luns 21 e ata o venres 31 de outubro propoñémosvos rescatar estas lecturas magníficas e que vos acheguedes a elas. A estes libros demos en chamarlles «libros orfos», porque son libros que buscan lector(a)s, que buscan ser apadriñados.
Achegádevos polas bibliotecas e deixádevos sorprender pola sección máis vintage da nosa colección, que emerxe como Ave Fénix para ser acollida polas vosas mentes devoradoras de boas historias.

Details

Comezo:
21 Outubro @ 10:00
Remate:
31 Outubro @ 21:00
Event Category:
Event Tags:

Recintos

P.º da Xunqueira, s/n
Redondela,Pontevedra36800
+ Google Map
986 401 561
Camiño do Piñeiral, 22
Chapela, Redondela,Pontevedra36320España
+ Google Map
986 454 226

Compartir