Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Fondo Europeo de Desenrolo Rexional (FEDER). 2014-2020

logo-union-europea

Una manera de hacer Europa

PROGRAMACIÓNGESTIÓNEVALUACIÓNCOMUNICACIÓN


Redondela 2020 é unha iniciativa promovida polo Concello de Redondela que ten como obxectivo definir unha estratexia de cidade de desenvolvemento. Redondela recibiu 5 millóns de euros para estratexias de desenvolvemento sustentable. Os fondos empregaranse para mellorar a comunicación entre as parroquias ou a creación de emprego a través do fomento de industrias culturais, entre outros.

Estas axudas do plan de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (Edusi) tras ser seleccionada o seu proxecto «Redondela 2020» polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou a resolución pola que se conceden as axudas destes fondos-cofinanciados con fondos europeos Feder- en primeira convocatoria, cun prazo de execución ata 2020.

O proxecto «Redondela 2020» foi aprobado en Pleno por todos os grupos da corporación nunha sesión extraordinaria celebrada en xaneiro de 2016, pouco antes de que expirase o prazo acordado polo Ministerio de Facenda.

 

PRIMEIRA CONVOCATORIA SELECCIÓN Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado

  • (BOE 17/11/2015) Orde HAP/2427/2015, do 13 de novembro, pola que se aproban as bases e a primeira convocatoria para a selección de estratexias de «Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado» que serán cofinanciadas mediante o programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020
  • (BOE 03/10/2016) Resolución do 29 de septembro de 2016, da Secretaría do Estado de Orzamentos e Gastos, pola que se conceden axudas da primeira convocatoria para a selección de estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado que serán cofinanciadas mediante o Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, convocadas por Orde HAP/2427/2015, do 13 de novembro.
  • (BOE 14/12/2016) Resolución do 12 de decembro do 2016, da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos, pola que se resolve definitivamente a primeira convocatoria para a selección de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado que serán cofinanciadas mediante o Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020, efectuada por Orde HAP/2427/2015, do 13 de novembro.

Tal e como aparece na Resolución (BOE 14/12/2016), a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado do Concello de Redondela foi seleccionada e é cofinanciada mediante o Programa Operativo de Crecemento Sostible FEDER 2014-2020, con axuda de 5.000.000€

Compartir