Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

O 7 xuño remata o prazo para o pagamento en periodo voluntario dos recibos do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica 2022

Os contribuíntes que non recibiran no seu domicilio as cartas de pagamento (recibos) necesarios para realizar o pago a través da Oficina Virtual Tributaria ou en calquera das sucursais de Abanca, Caixabank ou Banco Bilbao Vizcaya , poderán obter un duplicado das mesmas:

- na Oficina Virtual Tributaria https://redondela.tributoslocales.es,

- na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela sita. na Rúa Ernestina Otero 35 bx. (horario de atención ao público de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de luns a xoves de 16:00 a 19:00)

- na Oficina de Chapela sita. Avda. de Redondela 17- nos baixos do Pavillón Municipal de Chapela (horario de atención ao público: tódolos mércores de 9:00 a 14:00)

- a través do teléfono de atención ó contribuínte 986408374

- no correo electrónico: redondela@canaltributos.com

Finalizado este prazo o cobro realizarase pola vía executiva cos recargos de apremio regulamentarios.

Compartir