Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

A Orquestra de Saxos de Redondela ofrece un concerto de Aninovo ao estilo vienés

A Orquestra de Saxos de Redondela, do conservatorio municipal, ofrece o próximo luns 1 de xaneiro o seu Concerto de Aninovo 2024. Os máis de 40 membros desta formación musical interpretarán os tradicionais valses de Strauss, polcas e outros temas clásicos. O auditorio da Xunqueira, ás 19.00 horas, transformarase así nunha especie de Gran Teatro de Viena. Baixo a dirección de Elisa Arias, a orquestra, con músicos e músicas de 8 anos en diante, ofrecerá unha gala ao estilo das que se celebran en moitas das grandes cidades europeas. Trátase da terceira edición deste concerto de Aninovo, e desde o Conservatorio Municipal confían en que se consolide como unha das citas tradicionais de Nadal no calendario de concertos redondelán. Arias explica que se trata dun concerto “familiar e para todos os públicos” no que gozar das pezas clásicas de Aninovo nun ambiente festivo. Concerto con entrada de balde ata completar o aforo.

Compartir