Acolledor apartamento con terraza recentemente reformado en 2021. Cociña con todos os seus electrodomésticos e enxoval. Baño con prato de ducha e bidé. Unha habitación con cama de matrimonio. Outra habitación con dúas camas pequenas. O salón dispón de TV e sofá cama, onde pode durmir, con gran comodidade, un cuarto ou quinto inquilino. Calefacción en todas as habitacións. Wifi gratuíto.
Estamos situados no barrio da Portela, lugar tranquilo adxacente á vila de Redondela, situado na desembocadura do río Alvedosa, que verte as súas augas á enseada de San Simón, na ría de Vigo. Con vistas frontais ao río Alvedosa, a terraza ofrece un lugar tranquilo e propicio para gozar desta zona de marisma, considerada reserva de aves. Patos, cisnes, corvos mariños, garzas, garcetas… serven de fondo visual e sonoro á paisaxe.
Un rústico paseo de madeira sobre a ribeira do río comunícanos coa vila. Lavadora e secadora de uso libre e gratuíto. Aparcadoiro privado gratuíto para un coche.