Lola Redondela atópase no centro urbano de Redondela, aloxamento inspirado nunha cadela adoptada na protectora de animais «CAAN» de Pontevedra. É un coqueto apartamento de 50 m² dunha casa situada en pleno Camiño de Santiago nunha zona tranquila con fácil aparcamento gratuíto. Acceso fácil e independente. Totalmente exterior e moi luminoso. Supermercado 24 horas a 1 minuto. A menos de 5min camiñando terás a disposición todos os servizos, opcións de roteiros e praias. O aloxamento dispón de cociña independente totalmente equipada con neveira, vitrocerámica, forno, forno microondas, cafeteira e hervidor, dous cuartos dobres con Smart TV de 32´´ en cada unha delas, wifi gratis, NETFLIX, baño con ducha, artigos de aseo gratuítos e secador de pelo. Hai toallas e roupa de cama no apartamento. A praia de Cesantes preto onde practicar deportes náuticos. Pódese descubrir a zona practicando sendeirismo ou pesca nos arredores. Estación de tren de Redondela a 1 km do aloxamento, parada de bus próximo e o aeroporto de Vigo está a 7 km do aloxamento, que ofrece servizo de traslado de pago para ir ou volver.