– Nos cursos de Memoria e Risoterapia participaron preto de 250 persoas nos 14 grupos repartidos por todas as parroquias do municipio. No caso de Tai Chi son 340 os alumnos e alumnas que participan nos cursos que se imparten tamén nas diferentes parroquias.
-A alcaldesa de Redondela, Diga Rivas, e a concelleira de Maiores, Pilar Martínez, agradeceron a todo o alumnado a súa participación nestes obradoiros que teñen como obxectivo “previr o deterioro físico e cognitivo e mellorar a súa calidade de vida”.
A finca Tábata acolleu onte a festa de fin de curso das clases de Memoria, Risoterapia e Tai Chi que organiza a concellería de Maiores a través do programa de Envellecemento activo. A alcaldesa de Redondela, Diga Rivas, e a concelleira Pilar Martínez, agradeceron a todo o alumnado a súa participación nestes obradoiros que teñen como obxectivo “previr o deterioro físico e cognitivo das persoas maiores e mellorar a súa calidade de vida”.
Con respecto ao ano pasado incrementouse o número de participantes, con máis grupos en todas as parroquias do municipio. Nos cursos de Memoria e Risoterapia participaron preto de 250 persoas en 14 grupos repartidos por todas as parroquias do municipio. No caso de Tai Chi son 340 os alumnos e alumnas os que asisten ás clases. O obxectivo era chegar “ao maior número posible de xente en todas as parroquias, para favorecer a participación de todas as persoas e evitar que tiveran que desprazarse”. Rivas cualifica como un “éxito rotundo” este programa de Envellecemento Activo, porque a resposta tanto do alumnado como dos profesionais que imparten as clases “é moi positiva, e todos e todas teñen gañas de seguir con máis actividades de cara ao curso que vén”. A valoración que fan os participantes é “moi boa, xa que non só melloran a nivel físico e mental, senón tamén nas súas relacións sociais”, sinala Pilar Martínez.
Este mediodía recibiron os seus diplomas todos os que puideron acudir ao da man da alcaldesa e a concelleira, xunto cos seus mestres, e compartiron uns petiscos elaborados polo alumnado de Hostalaría e Cociña do Programa de Emprego de Redondela TIC III.