Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

O Concello outorga aos bailaríns da escola Dansarey o recoñecemento “Orgullo redondelán”

O Concello de Redondela acolleu onte a recepción aos bailaríns dos grupos da escola de baile Dansarey que participaron no campionato de Europa Dancing Stars. Os tres grupos que competiron no certame gañaron o campionato na categoría premium nivel amateur, e foron campións e subcampións na categoría premium nivel avanzado.

Os grupos de baile da escola Dansarey recibiron o diploma “Orgullo redondelán” e a insignia do Concello de mans da alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro de Deportes, Iván Valles, como “recoñecemento e homenaxe” polo seu traballo e méritos deportivos nesta disciplina. A alcaldesa deulle os parabéns polos seus éxitos deportivos e polo esforzo que realizan ao longo de todo o ano e sinalou que son “un orgullo para todo o municipio”.
O grupo Dansarey Queens, campioas de Europa Dancing Stars disciplina estilo libre categoría premium nivel avanzado, está formado por Paula Dopazo, Andrea Míguez, Raquel Bouza, Eva Teijeira, Arantza Rodríguez, Andrea Bouzón, Rocío Docio, Amaya Trigo, Aylin Rodríguez, Carmen Reigosa e Beatriz Ramallo.
O grupo Dansarey Ladies, campioas de Europa Dancing Stars disciplina libre categoría premium nivel amateur, son Paula Dopazo, Andrea Míguez, Rocío Docio, Amaya Trigo, Aylin Rodríguez, Beatriz Ramallo, Noa Corujeira, Sandra Gómez e Sara Rodríguez.
O grupo Dansarey Dance Company, subcampións de Europa Dancing Stars disciplina libre categoría premium nivel avanzado compóñeno Amaya Trigo, Aylin Rodríguez, Lidia Iglesias, David Otero, David Brea e Carlos Galego.

Compartir