Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Os clubs de lectura de Redondela despiden o curso

Entre amores e mexillóns pechamos o libro dos clubs de lectura de Redondela e Chapela, pero só por este curso!

É o momento de recompilar os momentos máis memorables e até permitirse certa dose de morriña. Sen dúbida, resultou un ben ano para esta actividade, un banquete de ideas e palabras!

Ao longo do percorrido, topámonos con herdanzas emponzoñadas, adultos nostálxicos, pais manipuladores, amigos sorprendentes, heroes inesperados, amores post mortem, avós atribulados, nenos revirados, epifanías familiares e paixóns arbitrarias…

Cada libro foi a porta de entrada a un debate apaixonado, onde cada páxina reforzou as conexións do grupo. Porque, sí, un club de lectura trata de libros, pero tamén de entendemento, empatía e vinculación. Con cada opinión, con cada interpretación persoal, acádase un panorama completo. É lexítimo ese orgullo e satisfacción de completar o ciclo.

Péchase, pois, unha etapa… Pero tras o verán, empezará outra nova aventura literaria!

A todas as persoas participantes, que investiron compromiso e entusiasmo co grupo, grazas! A vosa paixón fixeron este curso inesquecible.

Velaquí os libros que lemos este ano:

 

No mes de setembro abriremos inscricións para un novo curso dos clubs de lectura. As persoas interesadas, poderedes inscribirvospara entón.

Compartir