De volta no xardín! Seica non é iso un club de lectura? Un espazo onde florecen as palabras e cada libro contén a semente da árbore dos diálogos enriquecedores, con ramas que se estenden cara a novas ideas e perspectivas. Cada encontro ofrece a oportunidade de cultivar ideas e cultivar aprendizaxes. Xuntos, alimentamos a curiosidade e o bo humor.
Os dous primeiros camiños que nos penetraron neste peculiar xardín foron moi distintos no seu percorrido, pero comparten un elemento común: ambos os libros retratan a senllas mulleres, tan audaces como memorables. -Nada mal, considerando que a maioría dos integrantes do club son mozas!
Tanto Ana Magdalena, de «En agosto nos vemos», como Mary Pat, de «Golpe de Gracia», son mulleres insobornables quen non se conforman coas súas realidades e que, nun momento determinante das súas vidas, deciden embarcarse na procura do seu verdadeiro lugar no mundo. En contextos moi dispares, ambas se enfrontan a grandes desafíos, superan as expectativas sociais e familiares, e con enxeño e determinación loitan non só polos seus desexos persoais, senón pola xustiza; transformando así a adversidade nunha oportunidade para o cambio e o crecemento persoal.
Un excelente comezo de curso, con dous libros que non só funcionaron moi ben, senón que tamén xeraron un debate dinámico e enriquecedor. Exploramos diversos temas como a procura da identidade, a loita pola xustiza e as presións sociais. As conversacións fluíron con naturalidade, alimentadas polas variadas perspectivas nun ambiente distendido e acolledor, onde cada opinión contribuíu á visión global.
Unha colleita inaugural moi prometedora! Veremos que nos depararán as próximas lecturas!
Texto de Jerónimo Pomares, coordinador dos clubs de lectura de Redondela e mais de Chapela.