Concello de Redondela

Outono – Programación cultural das Bibliotecas municipais de Redondela

Este outono ven moi animado nas Bibliotecas municipais de Redondela.

Grazas ao programa Ler Conta Moito para a dinamización da lectura da Xunta de Galicia, as bibliotecas de Redondela e mais de Chapela ofertan actividades para diferentes públicos nos meses de setembro e outubro.

Ademáis, adicaremos o 24 de outubro, Día das Bibliotecas, a festexar o XX aniversario da Biblioteca Xela Arias cun concerto moi especial.

O prazo xa está aberto para as actividades que requiren inscrición.

Achegádevos e participade 🤩

 

  • XOVES 25 DE SETEMBRO, ás 18:00 h.

“Cambio e conto”, con Raquel Queizás
Contacontos para bebés. Cativos de 1 a 4 anos.
Inscrición previa na biblioteca.
Programa Ler conta Moito.
BIBLIOTECA VALLE-INCLÁN DE REDONDELA.

  • MARTES 30 DE SETEMBRO, ás 17:30 h.

“Conta miña compañeira”, con Lorena Piñeiro
Contacontos para persoas maiores.
Inscrición previa na biblioteca.
Programa Ler conta Moito.
BIBLIOTECA XELA ARIAS DE CHAPELA.

  • XOVES 9 DE OUTUBRO, ás 18:00 h.

“Contos pequeniños”, con Bea Campos
Contacontos para bebés. Cativos de 6 meses a 3 anos.
Inscrición previa na biblioteca.
Programa Ler conta Moito.
BIBLIOTECA XELA ARIAS DE CHAPELA.

  • XOVES 16 DE OUTUBRO, ás 18:00 h.

“A corpo contado”, con Charo Pita
Contacontos infantil. Rapazada 5-9 anos.
Entrada libre ata completar localidades.
Programa Ler conta Moito.
BIBLIOTECA VALLE-INCLÁN DE REDONDELA.

  • VENRES 24 DE OUTUBRO, ás 20:00 h.

Día das Bibliotecas.
Concerto XX aniversario Biblioteca Xela Arias:
Os Carunchos: presentación do libro-disco:
“Unha gorxa chea de Paxaros”.
BIBLIOTECA XELA ARIAS DE CHAPELA.

Compartir