Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Pechada a ponte de Casal do Monte por traballos de reparación na rede de saneamento

A ponte de Casal do Monte, en Saxamonde, pechouse onte ao tráfico para acometer traballos de reparación na rede de saneamento. Desde a concellería de Infraestruturas e Sostibilidade informan que, tras varios episodios de vertidos na vía público, procedeuse a abrir unha gabia para resolver o problema. O concelleiro Roberto Villar explica que, grazas á introdución dunhas cámaras na tubaxe, detectouse a presenza dunhas barras de ferro dentro do tubo das que se descoñece a súa orixe. Estes ferros provocan que, coa acumulación de papel, toalliñas e outros elementos, a rede se atasque e saian vertidos á vía pública”. Villar informou de que se substituirá o tubo de saneamento por un novo, o que obrigará a manter cortada ao tráfico a ponte de Casal do Mato ata o próximo mércores, día 26. O edil lamenta as molestias que isto lle poida causar á veciñanza, e asegura que os traballos se realizarán “coa maior celeridade posible”.

Compartir