Concello de Redondela

Preto dun cento de rapazas e rapaces participan nas xornadas do Día da Muller e a Nena na Ciencia

O Concello de Redondela están a celebrar en diferentes colexios do municipios charlas e obradoiros científicos en colaboración coa Universidade de Vigo. Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia puxéronse en marcha actividades nos centros de primaria “para axudar a espertar vocacións científico-técnicas entre as máis pequenas”. Raquel Pérez Orozco, enxeñeira de Minas e Enerxía, é a encargada de impartir esta actividade. A fabricación de pinturas, a identificación de minerais ou os procesos de combustión son algúns dos temas que se abordan nestes obradoiros. Pérez Orozco é tamén a subdirectora de Divulgación Científica da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo.

Esta semana comezaron as charlas no CEIP Cedeira, onde tamén participaron a alcaldesa, Digna Rivas, e a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa. Estes obradoiros continuará os vindeiros días nos colexios de Reboreda, Laredo e Igrexa de Chapela. O obxectivo no que coinciden o Concello e a Universidade de Vigo é o de “fomentar a igualdade entre xéneros” e con estas actividades dáse visibilidade ás mulleres profesionais destes ámbitos “para que sirvan como referente e inspiración a futuras estudantes”, sinala Digna Rivas.

Compartir