Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

PXOM DE REDONDELA

Nocións Xerais

Un PXOM, Plan Xeral de Ordenación Municipal, é o instrumento de ordenación urbanística do territorio a escala municipal que empregamos para definir as liñas básicas de desenvolvemento dun concello de cara ao seu futuro; unha ferramenta urbanística que ordena, clasifica e establece os diferentes usos do solo municipal. No caso do Concello de Redondela, vén de aprobarse inicialmente o PXOM, documento que desenvolve o modelo, as estratexias e directrices, trazadas nos documentos previos, en termos de clasificación do solo, de usos,de vivenda, de mobilidade (peonil, ciclista, motorizada), do espazo público, da actividade económica, infraestruturas, redes de equipamentos, etc. Tendo presente en todo momento e priorizando, dun modo especial, valores tan necesarios coma o equilibrio, a sustentabilidade e a harmonía coa contorna.


O planeamento urbanístico co que contamos na actualidade no Concello de Redondela ten unha antigüidade de 27 anos. Ao longo de todo este tempo as necesidades do municipio cambiaron moito, e no contexto actual, existen novos retos por encarar, novos fundamentos lexislativos, así como novas demandas ás que dar solucións. Neste senso, a redacción dun PXOM de Redondela, xurde como unha tarefa imprescindible a adaptación da ordenación urbanística ao momento actual e a medio prazo.

Visor de planimetría do PXOM

O ACCESO AO PXOM

Pedir cita previa para consultas

Na oficina de información do Plan Xeneral de Ordenación Municipal (Rúa Reveriano Soutullo nº1)

Vídeo explicativo do uso do visor de planimetría do PXOM

Arquivo documental

Modelo escrito de alegacións PXOM

Os suxeitos definidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, terán que empregar obrigatoriamente medios electrónicos para relacionarse co concello. A través da sede electrónica www.redondela.sedelectronica.gal

(Non é un modelo único, pode empregarse outro documento)

Documentación previa

O 18 de outubro de 2018 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático formulou o:

Aprobación inicial

O documento aprobouse polo Pleno do Concello de Redondela o 21 de febreiro de 2024, de acordo co procedemento previsto no artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febrero, do Solo de Galicia e artigo 144 do Regulamento da Lei do Solo. O trámite de información pública e presentación de alegacións fíxase por tres meses a partir do día seguinte da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, dende o 21 de marzo de 2024 ata o 21 de xuño de 2024 (ambos incluídos).

O anuncio publicouse no xornal Faro de Vigo o 28 de febreiro de 2024 e no Diario Oficial de Galicia o 20 de marzo de 2024:

Compartir