O Concello de Redondela acolleu este mediodía a sintura dos convenios coa Fundación Amigos de Galicia, cunha subvención por un importe de 6.000 euros, e a Fundación Santa Cruz, cunha subvención de 3.000 euros.
Son en total 21 os colectivos e asociacións que reciben este ano do Concello de Redondela 319.500 euros en concepto de subvencións nominativas, un importe que se incrementa en 71.500 euros con respecto ao ano pasado. A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que é un compromiso do seu goberno “apoiar a labor que están a realizar as diferentes asociacións e entidades en beneficio da veciñanza redondelá no ámbitos social, económico, cultural ou deportivo”.