A rúa Padre Sarmiento, que une o Paseo da Xunqueira coa rúa José Regojo, será peonil a partires do 17 de maio. A concelleira de Interior, Rita Pérez, explica que só se permitirá a circulación para labores de carga e descarga.
A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que este cambio “permite continuar coa transformación iniciada polo goberno local no marco da mobilidade sostible e da recuperación de espazos públicos para a cidadanía”.
Redondela gaña un no novo espazo para o uso peonil no centro da vila. A rúa Padre Sarmiento, que une o Paseo da Xunqueira coa rúa José Regojo, será peonil a partires do próximo 17 de maio. A partir desa data só se permitirá a circulación por esta rúa para operacións de carga e descarga nos lugares habilitados para tal fin. A concelleira de Interior, Rita Pérez, explica que este cambio vai na liña que o goberno local mantén “para crer espazos máis amables para a cidadanía, dando prioridade aos peóns nos lugares onde é posible”. A rúa Padre Sarmiento, que ten unha lonxitude duns 50 metros, non conta con entradas para garaxes “polo que esta medida non supón ningún prexuízo para os residentes, que gañarán en seguridade e tranquilidade ao retirar o tráfico da rúa”. A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, concluirá o día 16 os traballos de sinalización, polo que a rúa estará cortada ao tráfico.
A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que este cambio “permite continuar coa transformación iniciada polo goberno local no marco da mobilidade sostible e da recuperación de espazos públicos para a cidadanía”. Facer unha vila con menos tráfico nos lugares onde é posible “supón reducir a contaminación e o ruído, o que redunda nunha maior calidade de vida para a veciñanza”, conclúe Rivas.