Estas bases e convocatoria teñen por obxecto establecer os criterios e o procedemento para a concesión das subvencións da Concellería de Participación Cidadá para o ano 2024 de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.
Búscase ademais, nestes momentos de crise económica, eficiencia na asignación e a maximización na repartición dos recursos existentes para a realización de actividades que complementen ou suplan aos de competencia municipal. #De acordo con o establecido no artigo 9 da Constitución Española débese facilitar a participación de toda a cidadanía na vida política, económica, cultural e social para o que resulta imprescindible que tanto os Concellos, como as administracións máis próximas, axuden a asociacións e a centros culturais, sociais e veciñais nas parroquias a que realicen actividades que satisfagan as necesidades de promoción persoal e formativas nos distintos ámbitos da vida e de relación coa contorna, e outras actividades que se recollan como obxecto ou finalidade nolos seus estatutos fundacionais e que beneficien a toda a veciñanza de Redondela.