A agrupación redondelá “Trazos” foi este ano a gañadora do 1º premio do Desfile de Comparsas do Concello de Redondela, celebrado onte. «Trazos» fíxose co premio dotado con 900 euros. En segunda posición, cun premio de 600 euros, quedou “A realeza das luces” de Tomiño, e o 3º posto foi para comparsa “Os festeiros en festas” de Bembrive, cun premio dotado con 300 euros. No certame, celebrado esta tarde, tamén se decidiu o premio “Mocidade” para a agrupación con máis participación infantil e xuvenil, que nesta ocasión foi para “Vaiben”, comparsa de Cepeda, cunha dotación de 500 euros, o premio á “Exaltación do Entroido” para a comparsa redondelá Tío Emilio, con 800 euros, e o Premio “Inclusión” para a comparsa da asociación Andaina, dotada con 500 euros.
As comparsas de Entroido volveron encher de música, cor, ledicia e humor as rúas de Redondela este domingo 2 de marzo. O xurado escolleu ás mellores agrupación entre as 15 formacións participantes. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, felicitou ás comparsas participantes nunha xornada na que quedou patente “toda a ilusión e ganas de facer gozar á veciñanza”.
Martes de Entroido
O día 4, Martes de Entroido, será tamén un día grande en Redondela, coa participación de veciños e veciñas de todas as idades. A alcaldesa, Digna Rivas, sinala a importancia desta xornada tan tradicional nas festividades de Redondela “que reúne a grupos de amigos e familias completas con participantes de todas as idades que viven o Entroido na rúa, por iso desde o Concello poñemos todo da nosa parte para que sexa un día moi especial cheo de actividades”. Ás 17.00 horas comezará o Desfile-Concurso de Disfraces individual e colectivo. As inscricións para participar poderán facerse nos soportais do Concello desde as 16.00 e a entrega de premios será ás 18.45 horas.
Os máis pequenos terán o seu espazo na Alameda Castelao con diferentes obradoiros desde as 17.00 e ata as 19.30 horas. As rúas contarán con moita animación da man da batucada de Latexo Percusión. O seu espectáculo de batucada mistura ritmos dos blocos afro brasileiros con outros universos musicais como o reggae, o funk ou a salsa.
Ás 19.00 horas, fiel á súa cita, celebrarase a queima do Meco co espectáculo “Pachamama” de Troula Animación. A festa continuará pola noite desde as 20.30 horas coa música do grupo Hey Hematoma, que fará bailar aos público coas cancións de Siniestro Total na praza da Constitución.
Entroido en Chapela
O sábado día 18 celebrarase o Entroido en Chapela. As comparsas reuniranse ás 17.00 horas do alto da Encarnación. Ás 18.00 horas sairá o desfile acompañado polos percusionistas e tamborileiros de Aperta. Pecharán a comitiva os participantes do Enterro do Berete que fará o seu percorrido ata a praia de Arealoga. A queima do Berete será ás 20.15 comezará. A xornada pecharase coa música da discoteca móbil que comezará a sesión ás 20.45 horas no paseo marítimo de Chapela. de todas as idades?. Rivas lembrou que ?aínda queda moito Entroido por diante? que ?o sábado seguinte celebrarase en Chapela O Enterro do Berete co seu propio concurso de comparsas e premios.