Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Un baipás ferroviario evitará que os trens de mercadorías teña que manobrar na estación da Portela

– Os trens xa non necesitarán acceder á estación de Redondela para proseguir o seu itinerario o que permitirá aforrar tempo e mellorar o transporte de mercadorías e a seguridade. O orzamento basee de licitación é de 16,6 millóns de euros.
– A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, expresou a súa satisfacción por esta importante actuación que desde Redondela levan tempo reclamando “e que suporá unha mellora na seguridade e tamén en menos molestias aos veciños ao reducirse os ruídos polas manobras dos trens”.

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable somete a información pública e audiencia das administracións o estudo informativo do baipás para conectar directamente as dúas liñas de tren convencional que atravesan . Deste xeito elimínase a necesidade de que os trens teñan que acceder á estación do municipio para proseguir co seu itinerario e así impulsar a eficiencia do transporte ferroviario de mercadorías e reforzar a seguridade. En concreto, a conexión directa situarase entre as liñas Monforte de Lemos-Bifurcación Chapela e Redondela-Bifurcación Arcade, no ámbito da estación de Redondela. O estudo xa se aprobou provisionalmente e o prazo para presentar as observacións arrincará cando se publique no Boletín Oficial do Estado. A alternativa desenvolvida resólvese mediante unha vía única electrificada de ancho ibérico duns 1.200 metros que prioriza a funcionalidade ferroviaria, tratándose dunha lonxitude suficiente para trens de 750 m de lonxitude. O orzamento de licitación ascende aos 16,6 millóns de euros.

A actuación atópase moi condicionada pola contorna onde se sitúan as vías, xa que existen numerosas edificacións. A este problema súmase unha serie de limitacións asociadas a infraestruturas existentes como a estrada N-552, o viaduto de Pontevedra ao seu paso por Redondela ou o pórtico de alta tensión da subestación próxima.

Esta conexión directa elimina a necesidade de pasar pola estación de Redondela para invertir a marcha como teñen que facer os trens até agora, permitindo aforrar tempo ao transporte de mercadorías, así como mellorar a seguridade ferroviaria ao eliminar as manobras que realizaban os trens na estación. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, expresou a súa satisfacción por esta importante actuación que desde Redondela levan tempo reclamando “e que suporá unha mellora na seguridade e tamén en menos molestias aos veciños ao reducirse os ruídos polas manobras dos trens”.

Na actualidade, os trens de mercadorías que proveñen da liña 810 en dirección Santiago só poden proseguir o seu camiño parando na estación de Redondela, onde invisten o sentido da marcha e enlazan coa liña 824. Esta manobra realízase nas dúas vías de apartado sen plataformas da estación redondelá da Portela. As lonxitudes destas vías son de 459 metros (vía 4) e 448 metros (vía 6). Por este motivo, leva unha limitación dos trens de mercadorías que poden acceder.

O proceso de información pública é de 30 días hábiles desde a publicación do anuncio no BOE. A documentación poderá ser consultada a través de internet, na seguinte dirección:

https://www.transportes.gob.es/ferrocarriles/estudios-de-planificación

Compartir