Este 23 de abril foi un día de gran celebración nas Bibliotecas Municipais de Redondela.
Pola mañá participamos en Lectura na Rúa, un festival da lectura que se celebrou na Alameda de Redondela, e onde escolares dos centros de ensino e persoas dos centros de maiores celebran xuntos e comparten o gozo de ler.

Pola tarde, a Biblioteca Xela Arias tivo o seu particular momento de celebración co obradoiro creativo «Contos en construción». Unha proposta que parte do conto dos Tres Porquiños e coa que nenos e nenas participantes proxectaron orixinalísimas construcións para resolverlle a vida a estes personaxes xa emancipados.

Unha actividade que pudo celebrarse grazas ao programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.
