Concello de Redondela

Viaxando ao cerebro humano con Paula Rivas

Esta tarde a rapazada de mente máis curiosa e inqueda de Chapela gozou dunha actividade ao seu gusto. A redondelá Paula Rivas, doutora en neurociencia e divulgadora neste eido mantivo con eles unha formación sobre o funcionamento do cerebro e o sistema nervioso.

Unha actividade que ofrecimos dentro do ciclo Aquí si hai quen tipo, a raíz do seu libro: «A incrible viaxe de Antía ao cerebro humano», que podedes consultar nas nosas bibliotecas.

Entre xogos, adiviñas e moitas curiosidades, a doutora Paula faloulles dos máis famosos científicos relacionados co estudo do cerebro, da formación das neuronas e o seu funcionamento, da evolución, do tamaño do cerebro en distintos animáis, dos sentidos e como transmiten a información ao sistema nervioso, e ata do día a día no traballo dos investigadores de ciencia.

Unha formación da que o seu xoven público non perdeu detalle.

Desde as bibliotecas de Redondela queremos darlle as grazas a Paula Rivas pola súa xenerosidade e por facer unha actividade tan amena para o noso público lector máis novo.

 

Compartir