Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Visita da Escola Infantil Carrusel á Biblioteca de Redondela

Na mañá de onte, a sala infantil da Biblioteca Valle-Inclán de Redondela encheuse de ledicia, de cores e de moita arte.

Coma outros anos, a Escola Infantil Carrusel achegou aos seus cativos á biblioteca para que a coñeceran e descubriran aquel lugar máxico onde hai moitos libro, e onde, tamén, as palabras dos libros voan para se converter en voz.

A nosa compañeira Mª José compartiu con eles a arte e a maxia  de contos onde os protagonistas eran o mundo da pintura, das artes e das cores.

O público asistente, cativos e cativas de 2 e 3 anos, portouse fenomenal, e amosounos as súas dotes artísticas compoñendo entre todos un mural. Gozaron da palabra contada, da sorpresa e da inspiración artística que lles presentou a biblioteca, pero sobre todo, da sensación de encher as súas pequenas mans de pintura e compoñer con ela as súa interpretación artísticas do mundo.

Grazas a Carrusel, un ano máis, pola súa visita.
Agardámosvos sempre na vosa biblioteca amiga!

Compartir