Cidades amigas da Infancia

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

  

 

O Concello de Redondela actúa decidido na defensa dos dereitos humanos, e especialmente na defensa dos dereitos da infancia.

Dende 2018 goza do recoñecemento de “Cidade Amiga da Infancia”, distintivo que promove UNICEF en colaboración coa FEMP.

O programa de Cidades Amigas da infancia aséntase no deseño de políticas públicas eficaces que se baseen na Convención sobre os dereitos do neno, na promoción da participación infantil e adolescente, no establecemento de mecanismos de coordinación interna de todo o goberno municipal, e tamén coordinación con outros actores locais como son os centros de ensino, as asociacións, os clubes, etc....

 

ENQUISA: As nenas, nenos e adolescentes de Redondela OPINAN

https://docs.google.com/forms/d/156C7OZ_SYN7xWJH0cB9b7zFAsMuDrTQFi6aQ8U7rmDg/viewform?edit_requested=true

REDONDELA, CIDADE AMIGA DA INFANCIA


Como cidade que deseña e orienta as súas políticas públicas de cara a infancia, Redondela ten elaborados os seguintes documentos:

 

CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DE REDONDELA

 

O Consello Municipal de Infancia e Adolescencia de Redondela é un órgano participativo e de carácter consultivo que serve de representación do conxunto da Infancia e a Adolescencia dentro do municipio.
Trátase dun mecanismo para a colaboración entre as nenas, nenos, adolescentes e os adultos nas políticas municipais, e naqueles asuntos que afecten, de maneira directa ou indirecta á poboación infantil e adolescente.
A presidenta deste consello é a alcaldesa. A infancia e adolescencia redondelá participan nel a través dos representantes escollidos dende os centros de ensino públicos e concertados de Redondela. Estes voceiros participan nas reunións plenarias que se celebran semestralmente.

 

Traballo nos centros de ensino

 

 

Plenos infantís

 

                      

 

ÓRGANO DE PARTICIPACIÓN INFANTIL E ADOLESCENTE: AXENTES DO CAMBIO

Un órgano de participación infantil é un grupo de nenas, nenos e adolescentes que se reúnen para debater, analizar e buscar solucións sobre todos aqueles temas que lles afectan. Fan propostas ao concello para conseguir así unha contorna máis amigable, e que se adapte ás súas necesidades reais. Trátase dun grupo que funciona de xeito paralelo aos plenos do Consello Municipal de Infancia e Adolescencia.
Pode formar parte deste grupo calquera persoa de entre 8 e 17 anos que resida no Concello de Redondela.
O nome Axentes do Cambio co que se dá en chamar o grupo de Redondela foi escollido por eles mesmos, como tamén o logo que os representa. Éste foi deseñado pola empresa redondelá VyP Estudio, e fai referencia á Coca de Redondela, empregando as cores verde e violeta, en alusión respectivamente á natureza e mais á creatividade e a igualdade de xénero.

 

         Díptico Axentes do Cambio 

                                                                            Cartel Axentes do Cambio                                                            Díptico Axentes do Cambio

  

Redes Sociais do Grupo

@axentesdocambio

@axentesdocambio  

 

Imaxes de Axentes do Cambio

  Reunión coa alcaldesa e mais a concelleira de Ensino e Xuventude

        Participación en Encontro Galego de Consellos de  Participación Infantil               Participación no IX Foro de Participación Infantil e Adolescente no                   

        e Adolescente, con Unicef. En liña. Outubro 2021                                                              Parlamento de Galicia. Santiago de Compostela. Novembro 2021 

 

 

   

  Reunión coa alcaldesa e mais a concelleira de Ensino e Xuventude                                     Axentes do Cambio, reunións do grupo

 

 

  

Axentes do Cambio, reunións do grupo

 

 

ESTE MES DE XUÑO INAUGÚRASE NO MULTIÚSOS DA XUNQUEIRA A EXPOSICIÓN “VIDAS PERDIDAS” ORGANIZADA POR AXENTES DO CAMBIO.


Dende o venres 3 de xuño podemos gozar en Redondela da primeira exposición organizada e coordinada por Axentes do Cambio, o Grupo de Participación Infantil e Xuvenil do Concello de Redondela.

A exposición xurde dun movemento do grupo como resposta ao inicio da invasión de Rusia a Ucraína. Antía Ferrín, de 13 anos, foi a persoa que fixo a proposta de mobilizar á poboación en contra das guerras, denunciando as consecuencias das mesmas, e a súa idea tivo gran acollida polo resto de mozas e mozos do grupo.


Para coñecer en profundidade esta temática, primeiro fixeron un traballo de indagación: buscaron información en Internet, consultaron libros e preguntaron aos familiares e xente coñecida que lles contasen de primeira man como lembraban ou que sabían sobre como vivira a poboación a Guerra Civil Española.


Despois organizaron un grupo de discusión onde puxeron en común as súas ideas. Tamén adicaron unha sesión ao visionado da película “La tumba de las luciérnagas” de Isao Takahata.


Con toda a información recollida, decidiron que o mellor xeito de sensibilizar ao resto da comunidade era a través da arte. Para iso traballaron xuntos para elaborar carteis e debuxos, realización á que convidaron a todos os centros de ensino de Redondela, e á que se sumaron os CEIP Igrexa de Chapela, Alexandre Bóveda, Reboreda e mais Quintela, ademáis do IES Illa de San Simón.


O resultado é a exposición que poderá verse no Multiúsos da Xunqueira ata o 30 de xuño. Baixo o título “Vidas perdidas” atoparemos todos estes debuxos e reflexións, froito da preocupación dos nosos nenos, nenas e adolescentes pola evolución deste conflito europeo, pero tamén pola vulnerabilidade coa que a poboación civil, especialmente nenos e nenas, está exposta ante as accións bélicas. Vencéllase co Obxectivo 16 dos ODS, que fala de promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas.


Á exposición súmanse tamén as Bibliotecas Municipais: Valle-Inclán de Redondela e Xela Arias de Chapela, con senllos centros de interese nos que destacarán algúns dos fondos da súa colección, libros e películas, nos que se denuncian as guerras e o dano irreversible que producen.


A alcaldesa, Digna Rivas e mais a concelleira de Xuventude, Ensino e Conservatorio, Olga M.ª García, acompañaron a estes rapaces e rapazas na inauguración, e agradeceron o traballo realizado dende a sensibilidade e implicación do grupo para a concienciación da veciñanza.

O Concello de Redondela posúe o distintivo de Cidade Amiga da Infancia, concedido por Unicef dende 2018 pola aposta que ten, nas súas políticas, por darlle voz á Infancia e á Adolescencia e tamén polo respecto e o cumprimento dos seus dereitos.

                     

Para formar parte de Axentes do Cambio:

   participacioninfantileadolescente@redondela.gal

 

Autorización para descargar:

AUTORIZACIÓN