Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela celebra un acto de homenaxe ás protagonistas do programa de radio ‘As mulleres Contan, percorrendo camiño’

Concello de Redondela
24-03-2023
0
Redondela celebra un acto de homenaxe ás protagonistas do programa de radio ‘As mulleres Contan, percorrendo camiño’

A concellería de Igualdade, dirixida por Iria vilaboa, en colaboración con Radio Redondela celebra un acto en homenaxe ás protagonistas do programa - tamén creación da Concellería de Igualdade e Radio Redondela- “As Mulleres Contan, percorrendo camiño”, no Pazo de Petán ás 19:00 horas. Este espazo de entrevistas de Radio Redondela promovido pola Concellería de Igualdade busca dar voz as mulleres do municipio co obxectivo de visibilidar o seu traballo e a súa realidade. “O programa comezou en 2021 e continúa con entrevistas unha vez ao mes, para cumplir co compromiso deste goberno de traballar na loita pola igualdade durante todo o ano e non só nas datas sinaladas no calendario”, explica a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

Son, explica Rivas, “mulleres do noso concello que fan unha enorme contribución á sociedade e que loitan día a día por acadar unha igualdade real, en todos os eidos, entre homes e mulleres”.

Durante o acto farase un resumo dos 3 anos dende o inicio da sección de entrevistas e a entrega de ramos de flores e agasallos a tódalas participantes. Ademais a artista Rusa Anna Melikhova será a encargada de ambientar o evento. A rexidora local quere agradecer a “Ana Prieto María Jesús Queimaliños, a súa colaboración e lavor a través de Radio Redondela, porque sen elas este homenaxe, hoxe non sería posible”.

A serie abriu, coa enxeñeira aeroespacial, Xunqueira Ezara para seguir, con traballadoras de axuda ao fogar, sanidade, deporte, comercio e un longo etc. de traballos nos que a muller tivo que facerse un oco loitando pola igualdade. Como é o caso de Belén Tierra, condutora de camións e autobuse ou Diana Toucedo, cineasta e docente.