Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello pon a disposición de preto dun centenar de estudantes dos institutos públicos de Redondela transporte de balde para as probas da ABAU

Concello de Redondela
06-06-2023
0
O Concello pon a disposición de preto dun centenar de estudantes dos institutos públicos de Redondela transporte de balde para as probas da ABAU

O Concello de Redondela pon ao dispor dos estudantes dos Institutos de Educación Secundaria do municipio (IES Floriani, IES Mendiño e IEs Chapela) o servizo de balde de dous autobuses - ida e volta- para as xornadas nas que se realizan as probas de acceso á universidade “ABAU” durante este mes de Xuño. Estas probas, que comezaron hoxe, terán unha duración de tres días e para facilitar o desprazamento ata as isntalacións da Universidade de Vigo no CUVI, facilitarase o uso de dous autobuses que recollerán aos rapaces e rapazas directamente nos propios institutos.

Este servizo cubrirá a ida ata a Universidade e a volta a Redondela os tres días nos cales levan a cabo estas probas, e para iso, dispoñerase de dous vehículos con capacidade para un cento de persoas. A alcaldesa en funcións, Digna Rivas, desexa o “éxito a todas e todos os estudantes e espera que todos e todas obteñan os mellores resultados posibles xa que diso dependerá en gran medida o seu futuro profesional. Desta forma apostamos pola xuventude e axudamos á conciliación familiar ofrecendo as mesmas condicións a todo o mundo”.

Está é a primeira vez que se fai unha iniciativa deste tipo. “Foi unha poposta das ANPAS ao Consello Escolar Municipal e non dubidamos en acceder á petición. Esta é unha aposta deste goberno pola equidade, pioneira no municipio”, conclúe Rivas.