Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Aberto o prazo para solicitar a autorización para as fogueiras de San Xoan

Concello de Redondela
04-06-2018
0
Aberto o prazo para solicitar a autorización para as fogueiras de San Xoan

As persoas que con motivo da festividade de San Xoán teñan previsto a organización dunha fogueira, xa sexa en terreo privado coma en terreo público, deben solicitar a oportuna autorización do Concello de Redondela,

A solicitude para a autorización deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello ata o día 15 de xuño, e nela deberá indicar nome, enderezo, teléfono e DNI dos/das responsables, e achegar :

  1. para os casos da queima de fogueiras na vía ou lugares públicos, deberá achegar unha póliza dun seguro de responsabilidade civil cunha cobertura mínima de 150.000 euros xunto co recibo xustificativo do seu pagamento
  1. un plano de localización

Os elementos da fogueira deberán estar colocados o día anterior á queima, para que, o Servizo de Emerxencias e Protección Civil do Concello poida levar a cabo a revisión e control desta.

O volume de material combustible non poderá superar os 8 metros de diámetro nin os 3 metros de altura.

A separación entre as fogueiras e os edificios, árbores e demais obxectos que poidan resultar danados, será como mínimo de 12 metros.

Ademais porase especial coidado de non situalas preto dunha zona forestal, nin baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, e ter conta de que nos arredores non haxan produtos inflamables.

Prohíbese a queima de rodas, aerosois, plásticos, aceites, mobles e, en xeral, calquera substancia que poida desprender fumes tóxicos.

Calquera infracción destas condicións ou a realización de fogueiras sen autorización, estará suxeito ao réxime sancionador previsto na Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención y defensa contra los incendios forestais de Galicia e demais disposicións que resulten de aplicación.

Están a disposición na páxina web, na sede electrónica e no Departamento de Medio Ambiente o modelo normalizado de instancia.

   FORMULARIO DE SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓN