Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela reparte 2.500 axendas escolares nos 15 centros públicos do municipio

Concello de Redondela
20-09-2019
0
O Concello de Redondela reparte 2.500 axendas escolares nos 15 centros públicos do municipio

Digna Rivas visitou o CEIP de Laredo onde, nenas e nenos de 5º de primaria entrevistaron a alcaldesa redondelá para a radio e xornal do colexio. 

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada da concelleira de Educación, Olga García Ballesteros, visitou onte o CEIP de Laredo no que o Concello de Redondela comezou a distribuír entre o alumnado as axendas escolares que, este ano, adícanse ás mulleres da contorna directamente relacionadas coa literatura.

O alumnado de 5º de primaria aproveitou a estancia da alcaldesa de Redondela para facerlle unha entrevista para a radio e o xornal do colexio, unha entrevista que Digna Rivas non dubidou en cualificar como “a máis sincera e emotiva que me levan feito dende que estou na política”.

A rexedora local tivo que responder a preguntas que ían dende: canto tempo levas na política? á sempre comprometida de: eras boa estudante ou non? Pasando por outras como que explicase o máis complicado que fixo dende que era alcaldesa ou a que se adicaría agora se non fora alcaldesa.

Durante estas datas, o Concello de Redondela seguirá co reparto das axendas escolares das que se pensan distribuir máis de 2.500 exemplares entre o alumnado dos 15 centros escolares públicos cos que conta o municipio.