Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Máis un terzo dos peregrinos que chegan a Redondela fano polo Camiño Portugués da Costa

Concello de Redondela
12-12-2023
0
Máis un terzo dos peregrinos que chegan a Redondela fano polo Camiño Portugués da Costa

Desde o 1 de abril ata o 30 novembro case 15.000 peregrinos atravesaron Redondela na súa peregrinaxe a Santiago de Compostela. Foron 14.859 os que pasaron pola Oficina de Turismo Municipal, 9.233 chagaron á vila polo Camiño Portugués tradicional e outros 5.626 (37,9%) fixérono a través do Camiño Portugués pola Costa. De todas as rutas xacobeas as dúas que conflúen en Redondela, a portuguesa tradicional e a da costa, son a segunda e a terceira máis utilizadas respectivamente. A do litoral é a que máis medra en número de peregrinos. Desde que se fixo oficial en 2016 o Camiño Portugués pola Costa é un atractivo máis para o turismo de Redondela. A concelleira Rita Pérez sinala que “permite ao camiñante coñecer tamén outros puntos do municipio menos visitados polos turistas, e cunhas espectaculares vistas ao seu paso por Chapela”.

Desde o 1 de abril e ata o 30 novembro deste ao case 15.000 peregrinos atravesaron Redondela na súa peregrinaxe a Santiago de Compostela. Foron en concreto 14.859 os que pasaron pola Oficina de Turismo Municipal, 9.233 chagaron á vila polo Camiño Portugués tradicional e outros 5.626 (37,9%) fixérono desde Chapela a través do Camiño Portugués pola Costa. É precisamente este camiño polo litoral o que máis medra en número de peregrinos de todas as rutas Xacobeas. Dos máis de 444.000 peregrinos que chegaron no que vai de ao a Compostela, un 32% fano seguindo o Camiño Portugués, xa sexa o tradicional (20%) ou o da costa (12%). Os dous conflúen en Redondela e, se ven o camiño polo interior segue a ser o máis transitado por detrás do Camiño Francés, o do litoral é o que máis medra de todas as rutas xacobeas desde que se fixo oficial en 2016. Trátase dun atractivo máis para o turismo de Redondela, explica a concelleira Rita Pérez, “xa que permite coñecer tamén outros puntos do municipio menos visitados polos turistas, e cunhas espectaculares vistas ao seu paso por Chapela”.

No caso de Redondela a media mensual de peregrinos é duns 1.875, pero a cifra varía moito en función do mes, superando de longo os 2.000 peregrinos mensuais nos meses de maio a xullo, e rondando os 3.000 en agosto e setembro.

En canto á procedencia dos peregrinos a cifra de estranxeiros supera á dos nacionais. As cifras da Oficina de Turismo de Redondela recollen que foron 8.902 os peregrinos internacionais por 5.957 españois. Alemaña (1.616), Portugal (1.382), Italia (948) e EUA (823) son os países de orixe maioritarios. En canto aos peregrinos españois a comunidade que máis se repite é Andalucía (1.601), seguida de Madrid (1.160), Valencia (791), Cataluña (528) e Galicia (321). É tamén salientable a diferencia que existe en canto á época do ano elixida para facer o Camiño se falamos de estranxeiros ou nacionais, porque se ben os alemáns e americanos prefiren os meses de primavera e outono, os españois fan o camiño maioritariamente en xullo e agosto.