Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela deseña un proxecto singular para dotar a praia de Cesantes de iluminación autosuficiente

Concello de Redondela
18-12-2023
0
Redondela deseña un proxecto singular para dotar a praia de Cesantes de iluminación autosuficiente

O Concello de Redondela e a startup Himikode dan os primeiros pasos para o deseño dun proxecto que dote o litoral de Cesantes dun sistema de iluminación con enerxía solar e eólica que sexan autosuficientes. As luminarias, con sensores intelixentes, optimizan os horarios de encedido, monitorizan a temperatura, calidade do aire, etc. “co que se pode planificar mellor as necesidades de cada momento optimizando os recursos”, explica o concelleiro de Infraestuturas e Sostibilidade, Roberto Villar. Se o proxecto resulta viable “este modelo poderá trasladarse ás novas humanizacións que se realicen no municipio”, explica o concelleiro de Urbanismo e Transición Ecolóxica, Antonio Cabaleiro.

O Concello de Redondela e a startup Himikode dan os primeros pasos para o deseño dun proxecto para dotar o litoral de Cesantes dun sistema de iluminación con enerxía solar e eólica integradas en luminarias autosuficientes.

O Concello de Redondela, en colaboración coa startup galega Himikode, dan o primeiro paso para o deseño dun proxecto singular co obxectivo de impulsar a sustentabilidade e mellorar a calidade de vida de todos os residentes e visitantes do municipio. O proxecto céntrase na renovación do sistema de iluminación da praia de Cesantes utilizando sistemas multifuncionais, e as concellerías de Sostibilidade e Urbanismo están a estudar a súa viabilidade. Estes sistemas integran fontes de enerxía renovable, como a enerxía eólica e solar, para garantir unha iluminación autosuficiente. Ademais, incorporan unha xestión intelixente que axusta o aceso e apagado das luces segundo as necesidades reais, reducindo así a dependencia de combustibles fósiles e diminuíndo a pegada de carbono, cunha instalación sen necesidade de obra civil. Estes sistemas poden adaptarse ás necesidades da contorna integrando sensores intelixentes que monitorizan a calidade ambiental, niveis de ruído, contaminación, temperatura ou a afluencia de persoas, entre outras cousas. Isto asegura unha contorna máis saudable, sustentable e seguro para todos. Esta información pode coñecerse en temo real, “o que permite ao Concello comprender mellor os impactos do cambio climático e o uso que a comunidade fai da contorna”, segundo explica o concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar. Deste xeito “pódense planificar máis facilmente a actuacións máis axeitadas ás necesidades da veciñanza e aos visitantes”, sinala Villar. Con este proxecto pioneiro o Concello de Redondela aspira a situarse na vangarda da innovación tecnolóxica “e demostra o seu compromiso coa sostibilidade na planificación urbana e a xestión do territorio”. O concelleiro de Urbanismo, Antonio Cabaleiro, avanza que de ser viable, este proxecto levarase a futuras obras de humanización no municipio. O obxectivo final é “adaptar estas iniciativas ás necesidades reais da poboación e os visitantes, asegurando unha contorna máis habitable para todos”, conclúe o concelleiro.