Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Comezan a remodelación da Alameda de Rosalía de Castro, a obra máis demandada pola veciñanza de Chapela

Concello de Redondela
17-02-2023
0
Comezan a remodelación da Alameda de Rosalía de Castro, a obra máis demandada pola veciñanza de Chapela

Comezan a remodelación da Alameda de Rosalía de Castro, a obra máis demandada pola veciñanza de Chapela. Esta é unha obra longamente demandada pola veciñanza de Chapela que, deste xeito, seguirá mellorando os seus espazos céntricos e recibirá o trato que merece a parroquia, olvidada dende fai moitos anos. O Concello de Redondela anuncia o comezo das obras de remodelación e mellora da Alameda Rosalía de Castro en Chapela, traballos que “comezaron hoxe e sempre foron unha prioridade de este goberno, pois esta é unha demanda ao longo dos anos dos veciños e veciñas de Chapela”, afirma a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas. O espazo “gañará zonas verdes, de sombra e de esparexemento ”, explica a rexedora local que adianta que o proxecto elaborado polo estudo de arquitectura Gándara e Pons, redefinirá o espazo e a súa contorna, “nunha obra longamente demandada pola veciñanza de Chapela que, deste xeito, seguirá mellorando os seus espazos céntricos e recibirá o trato que merece a parroquia, olvidada dende fai moitos anos”. Lembra a alcaldesa de Redondela que lugares como o antigo apeadoiro de ferrocarril e a propia vía férrea pasaron de ser “lugares infrautilizados e cun impacto visual negativo, a espazos de ocio para a cidadanía transformándose nunha Vía Verde que, a día de hoxe, é un dos puntos clave para o desfrute das veciñas e veciños. Este goberno prioriza o benestar das parroquias e non as esquece, traballando en actuacións directas para a mellora destas e non centrar o investimento só no núcleo da Vila ”. Ás obras da alameda de Chapela, que Digna Rivas non dubidou en cualificar de “centro neurálxico da convivencia da cidadanía da parroquia”, engadiranse en breve as de remodelación do campito e creación do skatepark no final da Vía Verde “dúas que seguirán transformando Chapela e ofrecendo espazos de lecer para a cidadanía de todas as idades” Aínda que o proxecto da Alameda transforma o espazo e a súa contorna mantén, porén, case que sen modificacións  áreas como a zona infantil. De feito o parque, construído hai poucos anos, presenta segundo o estudo previo un “bo estado de conservación e servizo” algo que para a rexedora local redondelá non é froito da casualidade senón “do constante e detallado traballo de mantemento que leva a cabo a Concellería de Parques e Xardíns que xestiona Alberto Álvarez en todas as zonas infantís do municipio. O proxecto, polo tanto, contempla nese espazo a única modificación do valado perimetral para favorecer o acceso dende a zona norte”. Precisamente  nese sector situaranse as ‘zonas de sombra’ constituídas por estruturas de aceiro negro que soportarán unhas cubertas téxtiles especificamente deseñadas para resistir as condicións atmosféricas de exterior e, para maior seguridade das persoas usuarias, tratadas con aditivos antiraios UVA para filtralos ao máximo e ofrecer a máxima protección. Digna Rivas subliñou a novidosa utilización de pavimentos táctiles nos itinerarios peonís accesibles, “seguindo a política de accesibilidade que desenvolvemos dende a nosa chegada ao Concello”. Ditos pavimentos táctiles terán de orientar, dirixir e advertir ás persoas cegas sin que constitúan nin perigo nin molestia para o tránsito para o tránsito peonil no seu conxunto. Este pavimento táctil de material antideslizante –explica a alcaldesa redondelá– “permitirá unha fácil detección e recepción de información mediante o pe ou o bastón branco por parte das persoas cegas”. Este sistema que se utilizará por primeira vez en Redondela utilizará dous tipos de elementos. Unhas franxas de orientación e ancho variable que contrastarán de modo suficiente co chan circundante e servirán como guía para os itinerarios peonís e a proximidade de cambios de nivel mentres que outros elementos, en forma de botóns troncocónicos de 4 mm de altura advertirán sobre a proximidade de puntos de perigo. Digna Rivas amosou a importancia dunhas obras que “como todas as que estamos a realizar e lavamos realizadas, van máis aló que simples lavados de cara e buscan a transformación dos espazos para o seu desfrute por parte da cidadanía e a mellora da súa calidade de vida”.