Os Estrellados fanse co primeiro premio do concurso de disfraces
Os disfraces encheron de cor, música e humor as rúas de Redondela neste Martes de Entroido. A veciñanza ateigou o centro da vila para vivir esta festa desde primeira hora da tarde. O xurado redondelán encargado de decidir os premios deste ano non o tivo doado para escoller entre unha ampla proposta de disfraces orixinais e divertidos. Finalmente o 1º premio a categoría de grupos foi para “Os Estrellados”, ataviados de cervexas e aos que non lles faltaba nin a caixa. O 2º premio desta mesma categoría acadárono “Os Choqueiros na Lúa”. Nos premios por parellas en 1º lugar quedaron “Choquiños na Ría” en en 2º lugar “Bichos”. Na categoría individual o gañador foi o “Gato” e en 2º posición “Depredador”. A concelleiro de Cultura, Rita Pérez, e a alcaldesa,,Digna Rivas, felicitaron a todos os gañadores e ao resto de participantes “polo seu traballo e orixinalidade”. Rivas lembrou que “aínda queda moito Entroido por diante” xa que que o sábado celebrarase en Chapela o Enterro do Berete e o domingo 25 o desfile e concurso de Comparsas en Redondela.