Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Xuntanza do Consello Municipal de Infancia e Adolescencia de Redondela con outros consellos municipais de infancia da provincia

Concello de Redondela
07-07-2021
0
Xuntanza do Consello Municipal de Infancia e Adolescencia de Redondela con outros consellos municipais de infancia da provincia

O luns día 5 de xullo, as nenas e nenos que forman parte do grupo de participación Infantil e Xuvenil de Redondela, reuníronse de xeito telemático con outros dous grupos de participación: Voces Novas de Tomiño e Infancia do Porriño, para pór en común ideas e propostas ao redor dunha temática que lles preocupa e toca de xeito directo: o acoso entre iguais.

O bullying foi uns dos temas que trataron ao longo deste curso. Nas súas reunións en liña falaron sobre os tipos de violencias que existen, que consecuencias traen, e afondaron na cuestión de por qué existe esta problemática.

Agora en conxunto cos outros dous grupos de participación, que tamén estiveran traballaron esta temática, compartiron visións e buscaron propostas e medidas que se axusten máis ás súas necesidades. Saben que non é unha tarefa doada pero confian na capacidade de cambio na sociedade. Tamén quixeron pór en común o lamentable suceso acontecido esta fin de semana con Samuel.

Este encontro serviu, ademáis, para que Voces Novas, de Tomiño se quixera sumar a campaña contra o abandono animal, proposta polo Consello de Redondela.

Confían en poder seguir colaborando no futuro e reunirse de xeito presencial en canto a situación sanitaria llelo permita.

A concelleira de Ensino e Xuventude de Redondela, Olga García, xunto coas ediles Lourdes do Porriño e Fátima de Tomiño, tamén se sumaron á reunión para agradacerlles a estes nenos e nenas a súa labor.

Podedes seguir todo o traballo deste grupo no instagram @cairedondela.