Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O ministro Jordi Hereu comprométese co Centro de Negocios para Redondela no Edificio da Praza da Petanca

Concello de Redondela
16-02-2024
0
O ministro Jordi Hereu comprométese co Centro de Negocios para Redondela no Edificio da Praza da Petanca

O ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, visitou esta mañá o Concello de Redondela e comprometeuse a transformar o edificio da praza da Petanca, mercada por Zona Franca, nun Centro de Negocios para este municipio. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, xunto con membros do goberno local, recibiron ao ministro, co que mantiveron unha xuntanza de traballo na que participaron tamén o delegado do Goberno, Pedro Blanco, e o deputado David Regades. Rivas mostrouse moi satisfeita pola boa marcha do proxecto “que construiremos en conxunto cos empresarios e colectivos sociais de Redondela”. O centro de negocios será un espazo no que os emprendedores poderán cubrir as súas necesidades, con equipamento e prestacións que fará destas instalacións “un polo de atracción que será referente en Galicia e Norte de Portugal”. A rehabilitación do viaduto vello de Madrid para uso peonil foi un dos asuntos que se abordaron na xuntanza. A recuperación deste símbolo de Redondela para uso e disfrute da veciñanza é un dos obxectivos do goberno local, e servirá tamén como alternativa para os peregrinos que fan o Camiño Portugués pola Costa.

O ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, visitou esta mañá o Concello de Redondela e comprometeuse a transformar o edificio da praza da Petanca, mercado por Zona Franca, nun Centro de Negocios para este municipio. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, xunto con membros do goberno local, recibiron ao ministro, co que mantiveron unha xuntanza de traballo na que participaron tamén o delegado do Goberno, Pedro Blanco, e o deputado David Regades. Rivas mostrouse moi satisfeita pola boa marcha do proxecto “que construiremos en conxunto cos empresarios e colectivos sociais de Redondela”. O centro de negocios será un espazo no que os emprendedores poderán cubrir as súas necesidades, con equipamento e prestacións que fará destas instalacións “un polo de atracción que será referente en Galicia e Norte de Portugal”. O Consorcio da Zona Franca aprobou a compra do inmoble, catalogado como Ben de Interese Cultural, por un valor de 266.000 euros. Previamente será necesario rehabilitar o edificio, que conta con baixo e dous andares, uns traballos que suporán un investimento duns 800.000 euros.

En materia de turismo o goberno local aproveitou para lembrarlle a Hereu que unha das xoias da Ría de Vigo é a illa de San Simón, que pertence a Redondela, malia que está xestionada pola Xunta de Galicia, “que a ten moi abandonada” denunciou Rivas. A rehabilitación do viaduto vello de Madrid para uso peonil foi outro dos proxectos que se abordaron na xuntanza. A recuperación deste símbolo de Redondela para uso e disfrute da veciñanza é un dos obxectivos do goberno local. A concelleira de Turismo, Rita Pérez, sinalou que sería “a alternativa ideal para os peregrinos que fan o Camiño Portugués pola Costa”, que poderían evitar así a estrada nacional.