Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Encontro Virtual en Redondela ao redor da figura de Xela Arias

Concello de Redondela
12-05-2021
0
Encontro Virtual en Redondela ao redor da figura de Xela Arias

O encontro, organizado polas Bibliotecas Municipais de Redondela, estaba dirixido aos centros de ensino superior do municipio e transmitiuse a través da plataforma Zoom, nunha actividade na que participaron arredor de 180 persoas.
Daniel Boullosa, concelleiro de Cultura de Redondela, presentou “Compártome: un achegamento a Xela Arias”, nome que recibiu a actividade. Esta gravitou ao redor da amena e dinámica exposición de Chus Nogueira sobre a figura e a obra da escritora á que se lle dedica as Letras Galegas 2021.
Mª Xesús Nogueira é doutora en Filoloxía Galega, profesora na Facultade de Humanidades de Lugo e especialista en poesía contemporánea. É editoria da Poesía Reunida de Xela Arias e unha grande estudosa desta autora.
O evento contou coa presenza de Darío Gil Arias que descubriu novos aspectos acerca da figura da súa nai.
Alumnos e alumnas dos centros participantes (IES Chapela, IES Illa de San Simón, IES Mendiño, IES Pedro Floriani e CPR Colexio Vigo) leron diversos poemas da poeta e tradutora lucense.
Esta actividade enmárcase dentro das actividades que as Bibliotecas Públicas Municipais de Redondela adican á figura de Xela Arias con motivo do Día das Letras Galegas 2021. A autora dá nome a unha das bibliotecas do municipio (o centro situado en Chapela) dende o ano 2018.