Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Exposición 'EXPRESIÓNS' Bea Blanco & Xaçobe Pérez

Concello de Redondela
09-12-2022
0
Exposición

O vindeiro sábado 10 de decembro inagúrase a exposición de pinturas d@s artistas plásticos locais; Bea Blanco e Xaçobe Pérez situada na sala 1 do multiúsos da xunqueira de Redondela.

Organizada polo Concello de Redondela e plataforma cultural SinhaPACA esta exposición poderá visitarse desde o día 10 ao 31 de decembro de 2022 en horario de mañá e tarde. Ao longo dos vinte días da mostra  realizaranse intervencións espontáneas d@s propios artistas pintando en directo para o deleite do público.

A inauguración está prevista que comece ás 18,00h. do sábado día 10 e contará con música en directo onde os músicos locais Daniel Pazos e David Figueiral amenizaran o encontró con pezas instrumentais de jazz para ambientar o acto, e todo acompañado cuns pitisquiños.

Xaçobe Pérez Fontán

Nacido en Redondela é un artista autodidacta, alumno do mestre Suso Ben que cursou estudos de delineación e arquitectura técnica na universidade de A Coruña.

Coas súas obras chega a expoñer no seus comezos xunto con artistas da talla de Lino Lago ou Alfonso Da Silva, e nos últimos anos en museos de índole nacional e internacional como o “MEAM” de Barcelona ou o museo “Pablo Serrano” en Zaragoza, tamén a través de plataformas e guías de arte realista como “Art Renewal Center” nos EEUU ou na “Guía de arte Leonardo 2022” de Barcelona.

Beatriz Blanco Lago

Natural de Cabeiro, Redondela, cursa estudos de deseño e ilustración nos que descubre a súa vocación pola pintura. De carácter autodidacta asiste durante varios anos ó taller do artista Redondelán Suso Ben para perfeccionar a súa técnica.

Con numerosas exposicións ao longo do territorio nacional, resulta premiada no concurso “Modportrait 2017” e preseleccionada no  “Figurativas” dese mesmo ano. Expón a súas obras entre outras nas salas do “MEAM” de Barcelona, no museo “Pablo Serrano” de Zaragoza, no museo “Cerezo Moreno” de Jaén ou na fundación “Ynglada-Guillot” de Barcelona.