Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Remata o ciclo de monólogos "Humor na súa tinta" coa actuación do actor Carlos Blanco

M. X. Queimaliños (Radio Redondela)
16-01-2018
0
Remata o ciclo de monólogos "Humor na súa tinta" coa actuación do actor Carlos Blanco

O Multiúsos da Xunqueira acolle este domingo ás 20:00 horas a actuación do actor Carlos Blanco. O coñecido actor galego será o encargado de pechar un ciclo de monólogos que  baixo o nome "Humor na súa tinta" achegou a Redondela os mellores monologuistas actuais: Edu Soto, Javier Veiga, Álex O,Dogherty, Miguel Lago e Carlos Blanco.

MoitaMerda promocións en colaboración co concello de Redondela organizan o ciclo de monólogos humor na súa tinta, que achegaron ao Multiúsos da Xunqueira nos pasados meses a cinco monologuistas de renome.

A última das propostas, este mesmo domingo, será a cargo de Carlos Blanco, actor, quen ofrecerá o seu espectáculo nun pase, ás 20:00 horas.

As entradas pódense adquirir xa para calquera dos espectáculos en www.ticketea.com ou no Café da Vila a un prezo de 10 euros. Na billeteira o prezo será de 13 euros

.