Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Instalado interfono coma medida de prevención

Concellaría de Medio Ambiente. Concello de Redondela
18-03-2020
0
Instalado interfono coma medida de prevención

Dende a Concellaría de Medio ambiente, en colaboración co Servizo eléctrico municipal, veñen de instalar un interfono nunha das fiestra da fachada do edificio. Estará operativo de Luns a Venres en horario de atención ó público: de 9:00 a 14:00.

Seguindo coa instalación de medidas preventivas para colaborar na non propagación do coronavirus COVID-19, o Concello de Redondela instalou esta mesma mañá un interfono na fiestra ubicada á dereita da porta principal da casa consistorial.

Interfono Concello coronavirus

Deste xeito, as persoas que necesiten, por razóns urxentes, comunicarse en persoa co Concello, poderán facelo a través deste dispositivo. A maneira de poñer en funcionamento o interfono é mediante a pulsación dun pedal a través do pé. Trátase de evitar o uso de mans e evitar un foco de transmisión.

Segundo palabras do propio Concelleiro D. Roberto Villar, "Trátase dun sistema enxebre ideado e creado entre a concellaría de medio ambiente e o persoal do Servizo eléctrico, pero que soluciona dun xeito efectivo o problema, favorecendo un entorno aséptico".