Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Actividade de Kayak educativo-ambiental pola enseada de San Simón

Concellaría de Medio Ambiente. Concello de Redondela
11-05-2021
0
Actividade de Kayak educativo-ambiental pola enseada de San Simón

A Concellería de Medio Ambiente, dentro da posta en valor dos espazos naturais da rede Natura 2000, pon en marcha saídas en Kayak para coñecer e gozar dun espazo natural único no mundo.

Resumo da actividade: A actividade consiste na valoración da contorna natural de forma activa, disfrutando e navegando as súas augas, e mostrando todos os valores que posúen estas e os seus ecosistemas asociados a biodiversidade da enseada. Realizaremos paradas divulgativas na illa de San Simón na batea, no illote das Corveiras, no monumento ao Capitán Nemo (tentando observar o bosque de zoostera ou sebe que se atopa nas inmediacións), e outras segundo as inquedanzas do público e as posibilidades da xornada.

Desta forma poderemos observar e coñecer de primeira man o valor deste espazo da Rede Natura 2000.

Recursos humanos:

-Educador ambiental

-Monitores de kayak (que se encargarán do control do grupo, de axudalos a manterse unidos ao grupo, de remolcar aos usuarios que se cansen e de dinamizar e animar o servizo).

Normativa e seguros: A actividade conta cos permisos necesarios para a súa realización, e o seguro de R.C. e póliza de accidentes con especificación de seguro de rescate.

Saída do Porto de Cesantes ás 10:00 h o Sábado 15 e Domingo 16 de Maio do 2021.

Prezo da actividade bonificada: 15€

Venda de entradas na Casa do Concello, na Oficina de Turismo

(Luns a Sábado de 10:30 a 14 horas e de 15:30 a 19:00 horas.)

Mais información na Oficina de Turismo: turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13