Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

«Compártome: un achegamento virtual a Xela Arias»

ImagenNoDisponible

Onte, as Bibliotecas Municipais de Redondela e os centros de ensino superior do noso concello gozamos dunha actividade para coñecer máis a figura de Xela Arias, poeta, escritora, editora e activista cultural que dá nome a unha das bibliotecas do noso Concello, e figura literaria á que se lle adica o Día das Letras Galegas 2021.

O encontro, que levaba o suxestivo nome de «Compártome: un achegamento a Xela Arias», estaba organizado polas bibliotecas e ía dirixido aos centros de ensino superior do municipio, no que participaron, a través da plataforma Zoom un total de 180 persoas.

Daniel Boullosa, concelleiro de Cultura de Redondela, presentou a actividade, que xirou arredor dunha amena e dinámica exposición sobre a autora por parte da filóloga Chus Nogueira.

Mª Xesús Nogueira é doutora en Filoloxía Galega, profesora na Facultade de Humanidades de Lugo e especialista en poesía contemporánea. É editoria da Poesía Reunida de Xela Arias e unha grande estudosa desta autora, da cal está a piques de publicar un novo estudo de carácter divulgativo.

O evento contou tamén coa presenza de Darío Gil Arias que descubriu novos aspectos acerca da figura da súa nai.

Alumnos e alumnas dos centros participantes (IES Chapela, IES Illa de San Simón, IES Mendiño, IES Pedro Floriani e CPR Colexio Vigo) leron diversos poemas da poeta e tradutora lucense.

Esta actividade enmárcase dentro das actividades coas que que as Bibliotecas Públicas Municipais de Redondela celebran a figura de Xela Arias neste ano 2021, e das que xa vos estamos dando conta neste blog.

Compartir